Orde Militar de Sant'Iago da Espada

Orde Militar de Sant'Iago da Espada
Outorgada por Presidente da República
Tipo Orde militar
Lema Rubet Ensis Sanguine Arabum
Elixibilidade Mérito literario, científico e artístico
Estado activa (Portugal)
Estadísticas
Establecida 1175
Precedencia
Seguinte menor Ordem do Infante D. Henrique
Insignia colgante

A Orde Militar de Sant'Iago da Espada, formalmente Ordem Militar Antiga, Nobre e Ilustrada de Sant'Iago da Espada, de Mérito Científico, Literario e Artístico, [1] é unha orde honorífica portuguesa creada o 5 de xullo de 1175. Fundada como orde monástico-militar co nome de Orde de Santiago, tivo fins relixiosos, militares, señoriais e honoríficos até 1789, cando por Carta da Lei da Raíña María I foi secularizada e pasou a ser orde honorífica. Extinta en 1910, foi restaurada o 1 de decembro de 1918 baixo Sidónio Pais. [2] Hoxe outórgase por Decreto do Presidente da República por razóns de mérito literario, científico e artístico. [3]

A Orde Militar de Sant'Iago da Espada ten 6 graos: Gran Collar (grao especial), Gran Cruz, Grande Oficial, Comandante, Oficial e Cabaleiro.[3] O Gran Colar, creado en 1962, é o grao máis alto da Orde e é concedido polo Presidente da República aos Xefes de Estado estranxeiros. O Gran Colar tamén pode ser concedido polo Presidente da República aos antigos Xefes de Estado e ás persoas cuxos logros, de carácter extraordinario e especial relevancia para Portugal, os fagan merecedores desta distinción.[4]

O Gran Mestre da Orde é, como noutras Ordes Honoríficas portuguesas, inherentemente o Presidente da República, cargo ocupado desde 2016 polo presidente Marcelo Rebelo de Sousa.[5]

  1. Forjaz, Jorge Eduardo de Abreu Pamplona (2012). Mercês Honoríficas do Século XX (1900-1910). Lisboa. p. 251. ISBN 978-989-96088-7-0. 
  2. Restabelecidas as Ordens de Cristo e de S. Tiago da Espada - Decreto n.º 5 030, de 6 de dezembro de 1918
  3. 3,0 3,1 "Lei n.º 5/2011 : Lei das Ordens Honoríficas Portuguesas." (pdf). 2 de Março de 2011. pp. 1254–1255. Consultado o 2014-05-23. 
  4. Chancelaria das Ordens Honoríficas Portuguesas. "Ordem Militar de Sant'Iago da Espada". 
  5. Chancelaria das Ordens Honoríficas Portuguesas. "Grão-Mestre". 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search